Prospección_Horizontenorte

A prospección arqueolóxica: Fase previa e obtención de autorización

Resulta de obrigado cumprimento a obtención da autorización por parte da administración con competencias en materia patrimonial, previamente á execución de proxectos arqueolóxicas.

De cara á súa obtención, é necesaria a redacción dun proxecto arqueolóxico que deberá contar cunha carta de encargo do proxecto (asinada polo promotor) e solicitudes de permiso para a consulta do inventario e de realización do proxecto, asinadas polo arqueólogo director do mesmo.

DSC_2777

A cartografía histórica deberá ser estudada dende fase previa á realización da prospección arqueolóxica


Ademais deste apartado administrativo, o proxecto contará cunha pequena memoria descritiva do proxecto (construtivo, de explotación, de planeamento, etc) e outra parte de carácter arqueolóxico, na que se describa a metodoloxía e plan de traballo. En todo caso deberá contar unha análise cartográfica, un estudo bibliográfico e documental, metodoloxía que se seguirá na prospección en campo, equipo de traballo e prazos ou cronograma.

Para os estudos de impacto, a maiores, indicaranse os criterios para a identificación e valoración de impactos sobre os bens culturais, así coma o establecemento de medidas correctoras.
Todo proxecto deberá contar cun orzamento e ir acompañado dunha parte gráfica, cun apartado planimétrico e fotográfico suficientemente representativo.

Mario César Vila, Santiago de Compostela, 02-V-2017.

Publicado en Arqueoloxía, Blogue, Enxeñería cultural, Historia, Patrimonio.