O DIARIO CULTURAL nas súas tres edicións diarias de luns a venres alcanza os 101.000 impactos, o que supón unha suba de 5.000 con respecto á terceira onda do EXM de 2019. Na fin de semana, as edicións matinais chegan a 30.000 persoas o sábado e 40.000 o domingo. O novo produto dirixido ao público máis novo “Diario Cultural Zeta” consegue 15.000 oíntes.
Category Archives: Enxeñería cultural
Formación teórica e práctica para estudantes
Horizontenorte somos empresa colaboradora nas prácticas extracurriculares para alumnos da Universidade de Santiago de Compostela.
Entendemos o proceso formativo nun marco de interacción que combina leccións tanto teóricas como prácticas e cuxo contido abrangue todo o proceso de traballo, xa sexa o desde o punto de vista puramente administrativo previo ao planteamento dunha intervención, así como a través de todos os aspectos técnicos e profesionais que forman parte da actividade arqueolóxica. Destacamos así mesmo as actividades a desenvolver con entidades e profesionais colaboradores (arquitectura, divulgación, restauración e conservación, topografía, seguridade e saúde, toma de mostras, enxeñearías, etc.) que tamén forman parte directa do traballo.
Deste xeito as prácticas enténdense de xeito conxunto á planificación, desenvolvemento e certificación de proxectos, facendo aos estudantes partícipes durante todos os procesos, así como das cuestións relacionais e infraestruturais inherentes á mesma (planificación, xuntanzas de traballo, entrevistas, xestión de incidencias, etc).
Neste senso incídese na formación acerca da xestión e control dos procesos a partires dos obxectivos inicialmente planificados, así como da coordinación de equipos e corrección e respecto no trato con compañeiros/as e profesionais.
Campaña no sector S do castro e mosteiro de Cálago (Vilanova de Arousa, Pontevedra).
Rematou esta primeira fase de actuación no sector S no castro de mosteiro de Cálago cuns resultados de grande relevancia para o pasado da vila. Nos traballos de escavación localizáronse os restos dunha tumba de inhumación, dos que conservamos a parte inferior nun bo estado de conservación. Trátanse das extremidades inferiores e parte dos osos das falanxes das mans que confirman a existencia dunha necrópole Tardoantiga ou Altomedieval ao S do castro de Cálago e próximo ao que sería a liña de costa en época antiga.
Con este achado confírmase a hipótese da existencia dunha necrópole na zona, adiantada o anterior ano, a raíz do achado de restos óseos humanos na zona por parte dun particular.
A tumba presenta a orientación clásica nestas fases, coa cabeza cara o oeste e os pés ao nacente. Para facer a tumba empregáronse laxes de granito fincadas verticalmente, adaptándose á orografía do terreo, con caída cara a liña de costa (oeste).
Non menos interesante resultou ser a localización de niveis galaicorromanos baixo a tumba, correspondentes a un muro de cachotería de granito con orientación NNW-SSE cun pavimento de xabre compactado no interior, así coma un rebaixo vertical da rocha ao que se acaroa outro pavimento con base de area e superficie de pedra miúda como elementos drenantes.
Estas estruturas foron cubertas por un cuncheiro no momento do seu abandono, que resulta de grande interese á hora de coñecer a dieta dos seus habitantes en Época Antiga. Aparte de malacofauna, este cuncheiro aportou a presenza de material arqueolóxico cerámico de Época Castrexa e Romana. Da primeira destacan pezas con decoracións características da Segunda Idade do Ferro do NW peninsular, abranguendo dende o S. IV a.C. ata o cambio de era, enmarcadas dentro da rexión oleira castrexa coñecida como das Rías Baixas-Miño. En canto á cerámica romana, foron identificados varios pivotes da ánfora Haltern 70, procedente da Bética, así coma cerámica común.
Tras a fase de escavación en campo, comezan os traballos de gabinete, onde as análises dos restos óseos aportarán coñecemento acerca da cronoloxía, dieta ou doenzas da época, entre outros aspectos.
Sumámonos ao Pacto contra a corrupción
Dende a nosa empresa sumámonos ao Pacto Mundial de Nacións Unidas para a loita contra a corrupción a través do programa formativo de consolidación de conceitos e valores. Deste xeito implementamos un programa de control e prácticas de supervisión do programa anti-corrupción.
A continuación recollemos os 10 principios básicos para combater a corrupción:
PRINCIPIO 1: Operar de acordo coas normas máis altas de ética e integridade.
PRINCIPIO 2: Garantir a aplicación das mellores prácticas de goberno e de supervisión do programa anti-corrupción.
PRINCIPIO 3: Render contas ante as partes interesadas a través da transparencia e a divulgación de información.
PRINCIPIO 4: Asegurarse de que as políticas e os procedementos na área de recursos humanos estean en consonancia co programa contra a corrupción.
PRINCIPIO 5: Elaborar o programa anti-corrupción a partir dunha avaliación exhaustiva dos riscos.
PRINCIPIO 6: Implementar políticas e procedementos específcos para combater os riscos principais de corrupción.
PRINCIPIO 7: Xestionar a relación con terceiros para asegurarse que actúen segundo un estándar anti-corrupción equivalente ao da empresa pública.
PRINCIPIO 8: Servirse da comunicación e capacitación para integrar o programa contra a corrupción dentro da política da empresa pública.
PRINCIPIO 9: Proporcionar canles de asesoramiento e de denuncia de irregularidades seguros e accesibles
PRINCIPIO 10: Supervisar, avaluar e mellorar continuamente a implementación do programa de loita contra a corrupción.
Procedemento de actuación por exposición ao novo coroavirus (SARS-COV-2)
Debido á incidencia do virus SARS-CoV-2 e á doenza COVID-19, implementamos o procedemento de avaliación do risco por exposición ao novo coronavirus (SARS-COV-2), así como o establecemento medidas de protección fronte ao contaxio.
O procedemento faise extensivo a todos os centros de traballo e postos de traballo da empresa.
En función da natureza das actividades e os mecanismos de transmisión do novo coronavirus SARS-CoV-2, podemos establecer os diferentes escenarios de risco nos que se poden atopar os traballadores.
Como complemento á avaliación de que se dispón, engádese o risco por exposición ao coronavirus, segundo medidas organizativas:
– Limitarase o número de persoas e o tempo de exposición ao mínimo posible. Unha medida a considerar neste sentido é o teletrabajo para aquelas tarefas que o permitan.
– Limitar as reunións presenciales e fomentar as videoconferencias.
– Evitar as viaxes derivadas da actividade profesional que non sexan estrictamente necesarios
– Desprazamentos: Recoméndase que os traballadores desprácense individualmente ao posto de traballo, para evitar contacto directo con outras persoas. En caso de compartir vehículo, debe manterse distancia de seguridade superior a 1 metro, e ventilación do mesmo. En calquera desprazamento deberán respectarse as recomendaciones e obrigacións dictadas polas autoridades sanitarias.
– Non compartir ferramentas e equipos de traballo.
– Garantir unha distancia entre os traballadores de polo menos 2m.
– Os traballadores só saudarán verbalmente ou con xestos, mantendo distancia de seguridade superior a 2 metros. Non realizar contacto directo con ningunha persoa. Non dar a man, nin tocar ombreiros ou algunha parte do corpo doutros traballadores concurrentes.
– Se os traballadores comparten estancias, estas estarán ventiladas e manterase en todo momento a distancia de seguridade superior a 1 metro. Garantirase a ausencia de aglomeracións ou agrupacións dos traballadores, que supoñan un contacto entre os mesmos, tanto na obra como en todas as dependencias e instalacións da mesma.
Como medida hixiénicas:
– Realizar unha limpeza e desinfección periódica do lugar e equipos de traballo susceptibles de ser usados por varias persoas. Estes virus inactívanse tras 5 minutos de contacto con desinfectantes de uso polo público en xeral, como lixivia ou cunha solución de hipoclorito sódico que conteña 1000 ppm de cloro activo (dilución 1:50 dunha lixivia con concentración 40-50 gr/litro preparada recentemente).
– Reforzar a presenza nas zonas de aseos de produtos de hixiene persoal, como xabróns, papel dun uso para secado de mans, papeleiras e bolsas para almacenamento de resíduos; reforzando a cartelaría nestas zonas invitando a incrementar a limpeza rutineira por parte dos traballadores.
– A hixiene de mans é a medida principal de prevención e control da infección. Se as mans están visiblemente limpas a hixiene de mans farase con produtos de base alcohólica; se estivesen sucias ou manchadas con fluídos farase con auga e xabrón antiséptico.
– Se ten síntomas respiratorios debe cubrirse a boca e o nariz ao tusir ou espirrar cun pano desbotable e tiralo nun contedor de lixo. Se non se ten pano de papel debe tusir ou espirrar sobre o seu brazo no ángulo interno do cóbado, co propósito de non contaminar as mans.
– Se sofre un acceso de tos inesperado e se cubre accidentalmente coa man, evitar tocarse os ollos, o nariz ou a boca.
– Toda persoa con síntomas respiratorios debe lavarse frecuentemente as mans porque accidentalmente pode ter contacto con secrecións ou superficies contaminadas con secrecións.
– Lavarse as mans con auga e xabrón, ou con solución a base de alcohol, protexe de igual forma e debe realizarse logo de estar en contacto con secrecións respiratorias e obxectos ou materiais contaminados.
Paneis informativos nos petróglifos de O Meixoeiro, O Castro e As Regadiñas (Ponteceso, A Coruña)
En colaboración coa empresa XEODRON, o pasado ano realizamos traballos de instalación de sinaléctica e control da retirada de vexetación na contorna dos petróglifos de O Meixoeiro, O Castro e As Regadiñas en Ponteceso (A Coruña). Os traballos foron encargados polo concello de Ponteceso.
Os obxectivos da actuación foron o deseño, fabricación e instalación de paneis interpretativos e o control da retirada da vexetación no entorno dos denominados Petróglifo 1 de O Meixoeiro e petróglifos de O Castro e As Regadiñas.
As tarefas foron comúns a todos os bens. As actuacións realizáronse baixo dirección e control arqueolóxico segundo establece a normativa:
• Control arqueolóxico da limpeza da vexetación nunha franxa duns 10 m en torno ao perímetro das rochas. A labor de limpeza de vexetación levouse a cabo por persoal e medios aportados polo Concello de Ponteceso, así como polos responsables do proxecto. O motivo fundamental foi o de previr un posible dano sobre os afloramentos rochosos e os gravados, no caso dun lume forestal, así como o de acondicionar a contorna e acceso aos bens.
• Deseño, fabricación e instalación de paneis interpretativos.
Paneis informativos nas salinas romanas da Guarda (Pontevedra) dentro do Proxecto “A Guarda, mar de sal”
Tras a realización de varias intervencións arqueolóxicas e de posta en valor na zona, as salinas romanas de A Guarda carecían de soportes de carácter informativo que permitisen ao visitante a comprensión e entendemento dos elementos construtivos visibles, do seu contexto e funcionamento e en definitiva da configuración do complexo salineiro da zona en Época Romana.
Cabe sinalar que os restos sitúanse nunha contorna paisaxística excepcional, que experimenta unha numerosa afluencia de visitantes foráneos, principalmente nas fins de semana e na etapa estival.
Coa fin de suplir a carencia de información e potenciar a posta en valor dos restos, os traballos contemplaron o deseño, elaboración e instalación, de tres paneis informativos exteriores que difunden as orixes, contexto histórico e función das salinas do concello de A Guarda.
A colocación dos paneis baseouse en criterios paisaxísticos, que integran os elementos dun xeito respectuoso co territorio e os elementos arqueolóxicos.
O primeiro panel instalouse no inicio da senda, como un elemento de benvida. Sitúase de forma paralela á senda para una mellor lectura da paisaxe típica horizontal da costa guardesa.
O segundo panel instalouse ao pé das salinas romanas do Seixal, potenciando que á lectura do panel acompañe unha visión panorámica dos restos, facendo así máis intuitiva a interpretación do ben. Ademais, mediante esta colocación, aprovéitase un pequeno carreiro accesible mediante dous chanzos para que se visite o xacemento desde o acceso perpendicular que une o paseo coa estrada principal.
O terceiro panel atópase nun entorno máis urbanizado. Este elemento colocouse ao pé da beirarrúa próximo ás salinas rupestres mellor recoñecibles e singulares. Así, este cartel informa do outro grupo de salinas situadas cara o S, nun lugar algo afastado, pretendendo que non pasen desapercibidas.
Presentamos a Memoria “Compostela Rupestre”
O Concello de Ames acolleu este martes unha nova reunión do grupo Compostela Rupestre, co obxecto de dar o visto bo ao informe que detecta as necesidades “máis urxentes” dos bens patrimoniales dos cinco municipios incluídos. Así mesmo, no encontro acordouse acelerar a elaboración dun plan de xestión co fin de asentar a constitución do parque arqueológico.
O vicepresidente da Diputación da Coruña e responsable de Turismo, Xosé Regueira, e o deputado Xosé Lois Penas, ademais de persoal técnico do departamento de turismo, participaron no encontro xunto con representantes dos cinco concellos.
No encontro presentouse o informe final elaborado pola empresa Horizonte Norte por parte do arqueólogo director, Mario César Vila, que explicou as liñas fundamentais dun documento que detecta as necesidades “máis urxentes” dos bens patrimoniales de Compostela Rupestre.
O presidente do Consello de Dirección de Compostela Rupestre, David Santomil, apuntou a “necesidade de preservar a seguridade dalgúns dos bens patrimoniales” do área, en especial logo das agresións producidas nalgúns dos petroglifos do territorio, como foi o caso do petroglifo do Vilar en Ames no ano 2013 ou do petroglifo do Castriño de Conxo en 2019.
O informe presentado por Mario César Vila contempla a revisión documental, catalogación e selección de face á posta en valor e adquisición de terreos dos petroglifos e yacimientos rupestres catalogados nos cinco concellos integrantes da mancomunidad da comarca de Compostela.
O documento será a base para a elaboración dun plan de xestión para conservar e difundir a arte rupestre nos cinco concellos, financiado e promovido pola Diputación da Coruña, que será obxecto de licitación neste ano 2020.
O equipo responsable do traballo detectou tamén petroglifos inéditos e propuxo medidas correctoras urxentes como a limpeza de vegetación da contorna, información aos propietarios da existencia dos bens, fotogrametría de detalle e a diagnosis dos elementos e propostas de conservación.
Europa Press | Martes, 14 de xaneiro de 2020