Patrimonio

A lexislación relacionada coa protección e conservación do Patrimonio, así como as propias demandas por parte de organismos, empresas e particulares, veñen de motivar nas últimas décadas, a existencia de iniciativas relacionadas coa conservación, restauración, xestión e mantemento dos bens patrimoniais. Deste xeito, cada vez son máis numerosos os enclaves ou elementos recuperados, postos en valor, musealizados ou con instalacións museográficas.

Horizontenorte dispón dun equipo de traballo multidisciplinar, formado por persoal cualificado na realización de labores de conservación, mantemento e de inspección preventiva, que permiten a accesibilidade e compresión dos elementos culturais, así como das súas instalacións. Entre estas destacamos a limpeza, desbroce e acondicionamento de enclaves, adecuación de espazos, tanto ao ar libre como cubertos, consolidación de estruturas arqueolóxicas, históricas e etnográficas, desmontaxe, traslado e reconstrución de elementos, campañas periódicas de mantemento e seguimento con diagnose sobre os bens.

Así mesmo valoramos a difusión, coñecemento e divulgación do noso patrimonio, para o cal ofrecemos propostas adaptadas a cada caso e circunstancia.

Servizos en patrimonio

  • Acondicionamento e posta en valor de sitios de interese patrimonial.
  • Redacción e execución de proxectos de consolidación e rendabilización de bens culturais.
  • Traballos de conservación e restauración, xestión e mantemento dos bens patrimoniais.
  • Limpeza, desbroce e acondicionamento de enclaves.
  • Adecuación de espazos, tanto ao ar libre como cubertos.
  • Consolidación de estruturas arqueolóxicas, históricas e etnográficas.
  • Desmontaxe, traslado e reconstrución de bens ou estruturas do patrimonio cultural.
  • Creación de itinerarios histórico-arqueolóxicos.
  • Traballos de difusión sociocultural.
  • Elaboración e tramitación de documentación de carácter patrimonial: redacción de proxectos, informes e memorias, petición de permisos de intervención, etc.
  • Traballos de asesoría, control e seguimento en temas de patrimonio cultural.
  • Asesoramento por parte de profesionais de diversas disciplinas (Arqueoloxía, arquitectura, conservación e restauración, historia, historia da arte, topografía, museografía, deseño, edición, vídeo, sitios web, novas tecnoloxías, etc).
  • Inspección preventiva e de seguimento sobre elementos culturais e das súas instalacións.
  • Establecemento e programación de campañas periódicas de mantemento e seguimento con diagnose sobre os bens.

Necesitas máis información? Contáctanos agora:





O teu nome (obrigatorio)

O teu email (obrigatorio)

Asunto

A túa mensaxe

RSS Últimos textos sobre o tema