Horizontenorte está dirixida por Mario César Vila (Santiago de Compostela, 1974), arqueólogo con ampla experiencia acreditada na dirección de proxectos de prospección e catalogación de xacementos arqueolóxicos e bens culturais, de control, escavación e sondaxes arqueolóxicas, avaliacións de impacto sobre o patrimonio cultural, postas en valor, dirección ambiental e asesoría técnica en diversos proxectos, colaboración con outras empresas e entidades, dirección de estudos acerca de materiais arqueolóxicos, así coma desenvolvido actividade docente práctica e académica.
Entre os traballos efectuados salientamos a dirección de proxectos de delimitación planimétrica de xacementos arqueolóxicos para varios concellos –algúns deles xa en vigor, outros en fase de redacción ou aprobación-, de avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos lumes forestais en varios concellos da provincia de A Coruña no 2006, do seguimento e control arqueolóxico de obras de varios treitos do proxecto de construción da plataforma para a liña de alta velocidade do corredor Madrid-Galicia dende o 2006 ata a actualidade, a dirección de escavacións arqueolóxicas en área nas saíñas romanas de Vigo (Pontevedra) ou no xacemento arqueolóxico de Reza Vella (Ourense), así como numerosos traballos para promotores privados, empresas e organismos públicos.
Entre 2005 e 2012 diriximos os traballos de asistencia técnica ambiental relacionados co patrimonio cultural das obras do eixo atlántico de alta velocidade, entre as cidades de A Coruña e Vigo. No 2013 coordinamos os traballos arqueolóxicos correspondentes ás intervencións recollidas no proxecto arqueolóxico para o estudo, recuperación e posta en valor da fortaleza de A Rocha Forte, actuación financiada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e promovida polo Concello de Santiago de Compostela.
Temos realizado traballos de investigación, redactando publicacións e estudos históricos, revisado traballos para revistas científicas, así coma presentado comunicacións en congresos e participado en mesas redondas.
Mario César Vila
Rúa José Luís Puente Domínguez, nº 1,
15.702 Santiago de Compostela (A Coruña)
Tel.: 650 337 454 – 981 938 825
e-mail: mario@hnorte.com
Recursos da empresa
A empresa conta cos recursos necesarios para a realización dos servizos ofertados, en todas as fases e procesos dos mesmos: elaboración de proxectos, tramitación, execución e finalización. Dentro destas fases, tanto no desenvolvemento do traballo de campo, coma de gabinete, requírese do uso de equipos informáticos, fotográficos, sistemas de xeorreferenciamento xeográfico (GPS), vehículos e elementos para o transporte de equipo e materiais, así como dos coñecementos necesarios para o uso de software e ferramentas informáticas que permitan unha xestión eficiente e adecuada da información.