A partires do coñecemento procedente das ciencias sociais, a enxeñaría cultural encárgase de investigar, deseñar, desenvolver e aplicar modelos que permitan a adaptación creativa e innovadora da cultura. Deste xeito, promóvese o fomento da inventiva e a creatividade, para que os coñecementos novos, sexan asimilados como elementos culturais de progreso.
Dende horizontenorte, entendemos a enxeñería cultural coma a capacidade de dirixir e coordinar proxectos desde o conceito orixinal, durante a fase de execución ata a certificación final dos mesmos. Ademais da xestión cultural, supón na práctica o coñecemento de habilidades encamiñadas á correcta administración e coordinación de proxectos. Actualmente resulta necesaria a aplicación de técnicas vinculadas á produtividade na xestión cultural que permitan o cumprimento de prazos, sen merma nos criterios de calidade, seguridade e de obxectivos. Unha maior profesionalización do sector en definitiva.
Así mesmo, apostamos por políticas colaborativas e proxectos baseados na sostebilidade e desenvolvemento social.
En horizontenorte, contamos con experiencia na coordinación e dirección de proxectos de envergadura, así como en traballos de asistencia e asesoría técnica en materia patrimonial, realizados tanto para administracións públicas, como para organismos privados.
Servizos en enxeñaría cultural
- Coordinación, administración e dirección de proxectos relacionados coa recuperación, revalorización e rendabilización do patrimonio cultural.
- Asesoría técnica en materia patrimonial.
- Asistencia técnica para as administracións de cara a execución de proxectos, subvencións, axudas.
- Deseño e desenvolvemento de modelos culturais sostibles.
- Asesoramento en proxectos de planeamento urbano e rural.
- Asesoramento e coordinacións en proxectos de acondicionamento e posta en valor de elementos patrimoniais, rutas históricas.
- Plans de desenvolvemento.
- Revisión , elaboración e tramitación de documentación relacionada co deseño e execución de proxectos.
Necesitas máis información? Contáctanos agora:
Últimos textos sobre o tema
- O “Diario Cultural” alcanza os 101.000 impactos
O DIARIO CULTURAL
- Localización da terceira muralla e fosos no castelo da Rocha Forte (Santiago de Compostela)
Noticia en GCIENCIA (28-10-2020). Noticia en La Voz de Galicia (28-10-2020).
- Ruta dos petróglifos da Portela de Villestro (Santiago de Compostela)
Deseño da Ruta dos petróglifos da Portela de Villestro (Santiago de Compostela).