O Castelo da Rocha Forte está situado no extremo S do concello de Santiago de Compostela, a uns 3 km ao SW do seu centro histórico.
A primeira referencia documental coñecida da fortaleza data do ano 1255 e está incluída nas Constitucións Capitulares do arcebispo D. Juan Arias. O castelo acadará un grande esplendor durante o seu pontificado.
Ademais do seu uso como pazo residencial arcebispal, a fortaleza tivo un papel fundamental no control militar e fiscal dos accesos e saídas da cidade polo SW.