Un dos obxectivos de horizontenorte é presentar a información necesaria aos nosos clientes, procedente dos recursos documentais dos que dispoñen os nosos valiosos arquivos, bibliotecas, así coma administracións, entidades ou coleccións particulares.
Neste senso os estudos históricos e documentais, resultan necesarios para a correcta planificación de proxectos ou de actuacións arquitectónicas sobre inmobles, espazos urbanos, rurais e litorais. Coma exemplo, resultan fundamentais coma fase previa para a elaboración de proxectos arqueolóxicos rigorosos ou como ferramenta de cara á divulgación e difusión do noso patrimonio.
Promovemos o traballo colaborativo, contando cunha rede de especialistas en materias específicas, así coma de persoal técnico cualificado, que nos permite ofrecer solucións e propostas segundo as diferentes demandas.
Servizos en historia
- Estudos históricos, bibliográficos e documentais.
- Inventario e catalogación de bens documentais e fondos bibliográficos.
- Dixitalización de documentación histórica.
- Estudos previos de cara a xestión de xacementos e estruturas arqueolóxicas.
- Estudos históricos e documentais, relacionados coa planificación de proxectos ou actuacións arquitectónicas sobre inmobles, espazos urbanos, rurais e litorais.
- Estudos relacionados coa difusión e divulgación do patrimonio.
- Elaboración e tramitación de documentación de carácter patrimonial.
Necesitas máis información? Contáctanos agora:
Últimos textos sobre o tema
- O “Diario Cultural” alcanza os 101.000 impactos
O DIARIO CULTURAL
- Localización da terceira muralla e fosos no castelo da Rocha Forte (Santiago de Compostela)
Noticia en GCIENCIA (28-10-2020). Noticia en La Voz de Galicia (28-10-2020).
- Ruta dos petróglifos da Portela de Villestro (Santiago de Compostela)
Deseño da Ruta dos petróglifos da Portela de Villestro (Santiago de Compostela).