Tras a realización de varias intervencións arqueolóxicas e de posta en valor na zona, as salinas romanas de A Guarda carecían de soportes de carácter informativo que permitisen ao visitante a comprensión e entendemento dos elementos construtivos visibles, do seu contexto e funcionamento e en definitiva da configuración do complexo salineiro da zona en Época Romana.
Cabe sinalar que os restos sitúanse nunha contorna paisaxística excepcional, que experimenta unha numerosa afluencia de visitantes foráneos, principalmente nas fins de semana e na etapa estival.
Coa fin de suplir a carencia de información e potenciar a posta en valor dos restos, os traballos contemplaron o deseño, elaboración e instalación, de tres paneis informativos exteriores que difunden as orixes, contexto histórico e función das salinas do concello de A Guarda.
A colocación dos paneis baseouse en criterios paisaxísticos, que integran os elementos dun xeito respectuoso co territorio e os elementos arqueolóxicos.
O primeiro panel instalouse no inicio da senda, como un elemento de benvida. Sitúase de forma paralela á senda para una mellor lectura da paisaxe típica horizontal da costa guardesa.
O segundo panel instalouse ao pé das salinas romanas do Seixal, potenciando que á lectura do panel acompañe unha visión panorámica dos restos, facendo así máis intuitiva a interpretación do ben. Ademais, mediante esta colocación, aprovéitase un pequeno carreiro accesible mediante dous chanzos para que se visite o xacemento desde o acceso perpendicular que une o paseo coa estrada principal.
O terceiro panel atópase nun entorno máis urbanizado. Este elemento colocouse ao pé da beirarrúa próximo ás salinas rupestres mellor recoñecibles e singulares. Así, este cartel informa do outro grupo de salinas situadas cara o S, nun lugar algo afastado, pretendendo que non pasen desapercibidas.