Horizontenorte é una empresa de servizos especializada na elaboración de todo tipo de proxectos relacionados coa Arqueoloxía e o Patrimonio Cultural en xeral.
A nosa principal actividade céntrase na redacción e execución de proxectos arqueolóxicos, contando cunha grande experiencia no sector, avalada polas numerosas direccións de proxectos de control arqueolóxico, escavación, sondaxes, avaliación de impacto, postas en valor, direccións ambientais e asesorías técnicas en materia de patrimonio cultural e colaboración con proxectos realizados por outras empresas. Gústanos escoitar aos nosos clientes e implicarnos na atención das súas necesidades e solicitudes. Para elo contamos cun equipo humano e medios técnicos cualificados así coma unha ampla rede de contactos e colaboradores, que facilitan a resolución rápida e eficiente.
Esta experiencia tradúcese na práctica nun amplo coñecemento das necesidades da obra civil e privada. É por iso que presentamos unha oferta de servizos baseada na seriedade, na adaptabilidade e na necesidade do cumprimento dos prazos.
Ademais de liñas de actuación sobre o patrimonio arqueolóxico, ofrecemos servizos de asesoría e asistencia, relacionados coa xestión do patrimonio cultural, información técnica e tramitación de expedientes administrativos, dispoñendo dunha ampla mobilidade, así como o apio de diferentes profesionais.
Servizos en arqueoloxía
- Inventario e catalogación do Patrimonio Cultural.
- Avaliacións de impacto sobre bens culturais para Estudos de Impacto Ambiental.
- Controis e seguimentos arqueolóxicos.
- Traballos de sondaxe arqueolóxica.
- Traballos de escavación arqueolóxica.
- Fotogrametría.
- Prospección con georádar.
- Fotografía y vídeo aéreo con drone.
- Participación en proxectos de planeamento urbano.
- Acondicionamento e posta en valor de xacementos e estruturas arqueolóxicas.
- Elaboración e tramitación de documentación de carácter patrimonial: redacción de proxectos, informes e memorias, petición de permisos de intervención, etc.
- Rexistro gráfico, topográfico, fotográfico e informático de lugares e materiais do Patrimonio Cultural.
- Lectura e análise de paramentos.
- Catalogación, estudo e representación gráfica de materiais arqueolóxicos.
- Traballos de asistencia para outras empresas.
Necesitas máis información? Contáctanos agora:
Últimos textos sobre o tema
- O Camiño dende a Ría de Muros-Noia xa forma parte da Ruta Xacobea
Foi necesario un traballo de investigación de tres anos
- O “Diario Cultural” alcanza os 101.000 impactos
O DIARIO CULTURAL
- Localización da terceira muralla e fosos no castelo da Rocha Forte (Santiago de Compostela)
Noticia en GCIENCIA (28-10-2020). Noticia en La Voz de Galicia (28-10-2020).