Horizontenorte somos empresa colaboradora nas prácticas extracurriculares para alumnos da Universidade de Santiago de Compostela.
Entendemos o proceso formativo nun marco de interacción que combina leccións tanto teóricas como prácticas e cuxo contido abrangue todo o proceso de traballo, xa sexa o desde o punto de vista puramente administrativo previo ao planteamento dunha intervención, así como a través de todos os aspectos técnicos e profesionais que forman parte da actividade arqueolóxica. Destacamos así mesmo as actividades a desenvolver con entidades e profesionais colaboradores (arquitectura, divulgación, restauración e conservación, topografía, seguridade e saúde, toma de mostras, enxeñearías, etc.) que tamén forman parte directa do traballo.
Deste xeito as prácticas enténdense de xeito conxunto á planificación, desenvolvemento e certificación de proxectos, facendo aos estudantes partícipes durante todos os procesos, así como das cuestións relacionais e infraestruturais inherentes á mesma (planificación, xuntanzas de traballo, entrevistas, xestión de incidencias, etc).
Neste senso incídese na formación acerca da xestión e control dos procesos a partires dos obxectivos inicialmente planificados, así como da coordinación de equipos e corrección e respecto no trato con compañeiros/as e profesionais.