Mario_César_Vila_merlón

Recuperación e posta en valor de bens culturais

Actualmente a sociedade demanda cada vez máis, un uso e aproveitamento desde o punto de vista turístico e cultural do patrimonio histórico. Dentro desta demanda, horizontenorte presenta propostas variables de recuperación e posta en valor, adaptadas ás necesidades do ben, coma aos recursos existentes, aplicando criterios de sostebilidade e de respecto desde o punto de vista patrimonial, cultural e paisaxístico. Estas actuacións poden tratarse de sinxelas intervencións baseadas na limpeza e sinalización de recursos turísticos, na creación de roteiros, no deseño de paneis explicativos, así coma naquelas intervencións sobre bens e conxuntos patrimoniais, en proxectos de maior envergadura, cuxa recuperación requira da participación e coordinación de equipos multidisciplinares relacionados coa arquitectura, a restauración, a arqueoloxía, o deseño, a historia, a informática, a topografía, etc.

DSC_2777

A recuperación do patrimonio coma demanda social

Desde horizontenorte propoñemos un modelo de xestión turística do patrimonio cultural baseada na conservación preventiva, o mantemento dos bens e en plans de xestión a curto, medio e longo prazo, así como na importancia da concienciación e educación social respecto ao patrimonio, a partir das cales se considera necesario transmitir valores acerca da súa importancia e fraxilidade.

Esta conservación dos recursos patrimoniais, dependerá do uso responsable, así como da súa xestión a través de actuacións económicas e sociais sostibles e coordinadas.

Mario César Vila, Santiago de Compostela, 1-III-2017

Posted in Arqueoloxía, Blogue, Enxeñería cultural, Historia, Patrimonio.