Horizontenorte_xeorradar

Prospección arqueolóxica con xeorradar 3D multifrecuencia

O xeorradar consiste nunha moderna técnica non destrutiva, empregada en diversas actividades, sendo especialmente útil no campo da arqueoloxía.
Trátase dun método non invasivo de análise de materiais que transmite ondas electromagnéticas que son reflectidas e rexistradas.
Dentro desta técnica, os equipos de xeorradar 3D multifrecuencia permiten obter unha especie de “radiografía” da zona estudada baseada en puntos tomados cada poucos centímetros. Con este método é factible identificar aquelas zonas que presenten unha xeometría interpretable como restos arqueolóxicos ou estruturas soterradas con altísima precisión.
Actualmente contando coa capacidade de localizar dun xeito rápido restos ou estruturas soterradas, emprégase unha tecnoloxía non destrutiva capaz de cubrir o 100% da zona de estudo cunha resolución centimétrica. A ferramenta óptima para realizar este tipo de estudo é o xeorradar 3D multifrecuencia en base aos seguintes motivos:
1. Sistema 3D: permite auscultar o 100% da superficie de estudo.
2. Frecuencia ou frecuencias das antenas: define a resolución e a capacidade de penetración.
3. Antenas aéreas ou antenas de contacto: o equipo de xeorradar empregado pode ser de antenas aéreas que non requiren ir en contacto coa estrutura a investigar ou con antenas de contacto.
A metodoloxía consiste en cubrir a superficie de estudo libre de obstáculos. Durante este tempo realízanse pasadas paralelas nas zonas indicadas para cubrir toda a superficie de estudo.
Os datos de campo son xeorreferenciados mediante o emprego dunha unidade GPS que opera en tempo real e sen necesidade de estacións base e locais ou enlaces de telemetría.
Tras a recollida de datos en campo, procédese ao procesado dos mesmos. O primeiro paso é a edición da xeometría para cada unha das pasadas realizadas coa antena.
Posteriormente fíltranse os datos co obxectivo de magnificar os reflectores. Os datos de xeorradar son analizados por técnicos expertos, marcándose aquelas zonas anómalas e que sexan interpretables como estruturas no subsolo.

O xeorradar 3D multifrecuencia coma ferramenta de alta precisión para estudar o subsolo

O xeorradar 3D multifrecuencia coma ferramenta de alta precisión para estudar o subsolo

Publicado en Arqueoloxía, Blogue, Enxeñería cultural, Historia, Patrimonio, Uncategorised.