horizontenorte

Presentación

Mario_1555

Mario César Vila, director de Horizontenorte

Con experiencia amosada e con coñemento da realidade inmediata, ponse en marcha o presente proxecto, vinculado á xestión arqueolóxica integral e do patrimonio cultural en xeral.

O presente portal é o escaparate a partires do cal facemos a presentación profesional dos nosos servizos, traballos e outra información que poda resultar de interese.

A páxina componse de catro bloques fundamentais, que abranguen o ámbito e alcance dos nosos servizos: Arqueoloxía, Patrimonio, Historia e Enxeñaría Cultural.  Neles amosamos a nosa filosofía e sinalamos os servizos que ofrecemos.

Noutra orde, engádese un apartado de textos no que se irá incluíndo información que pode resultar de utilidade. Está destinado principalmente a aquelas persoas, empresas ou entidades ás que se lle solicite a presentación dun proxecto arqueolóxico, así como a profesionais ou estudantes vinculados ao sector ou simplemente a aquelas persoas que procuren ampliar información.

O blogue aparece destinado a presentar artigos, sínteses ou apuntamentos relacionados co mundo e actualidade da arqueoloxía e o patrimonio cultural principalmente.

No apartado de publicacións, poñemos a disposición do público aqueles traballos dos que somos autores ou participantes, coa fin de divulgar parte do coñecemento xerado a partires das actuacións realizadas.

En recursos, preséntase principalmente información relacionada con aspectos técnicos, metodolóxicos, así coma enlaces a recursos e páxinas considerados de interese, entre outros materiais.

A parte de lexislación recolle información acerca da normativa aplicable en materia arqueolóxica e do patrimonio cultural.

Sen ningún tipo de compromiso, poderá ampliar a información ou realizar calquera tipo de consulta relacionada a través do formulario ou poñéndose directamente en contacto por teléfono ou correo electrónico.

Posted in Arqueoloxía, Enxeñería cultural, Historia, Patrimonio.