Castro_Elviña_Mario_César_Vila_1

Páxina web do castro de Elviña

O concello de A Coruña amplía a difusión sobre o castro de Elviña coa edición dunha páxina web monográfica. O proxecto foi realizado pola empresa A navalla suíza, que contou cos nosos servizos para a dirección e elaboración dos contidos da mesma.

A web presenta un carácter eminentemente divulgativo e pretende amosar o castro a través de diferentes ángulos de vista, todos eles conexos. Partindo da presentación das características que o configuran e o converten no maior oppidum da área noroccidental da Gallaecia, realízase unha viaxe no tempo a través dos seus habitantes e persoas relacionadas, a cultura material e o seu contexto, sen perder de vista a relación do castro coa cidade e as súas orixes.

Construcións galaico romanas no castro de Elviña

Construcións galaico romanas no castro de Elviña

O castro de Elviña sitúase ao sur do concello da Coruña, na parroquia de San Vicenzo de Elviña, sobre o cumio dun outeiro de 120 m, cunha situación estratéxica respecto dos sistemas de comunicacións, tanto terrestres coma marítimos. Nos últimos anos foi obxecto de actuacións arqueolóxicas e de consolidación de estruturas coa finalidade de adecualo á súa posta en valor. Está composto por tres recintos fortificados, onde os dous inferiores se xustapoñen ao superior ou croa, cunha superficie de 24.150 m2.
Unha escolma dos materiais arqueolóxicos recollidos durante as intervencións, pódense contemplar no Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón de A Coruña.

Posted in Arqueoloxía, Blogue, Enxeñería cultural, Historia, Patrimonio.