Mario_César_Vila_petroglifo_O_Meixoeiro

Paneis informativos nos petróglifos de O Meixoeiro, O Castro e As Regadiñas (Ponteceso, A Coruña)

En colaboración coa empresa XEODRON, o pasado ano realizamos traballos de instalación de sinaléctica e control da retirada de vexetación na contorna dos petróglifos de O Meixoeiro, O Castro e As Regadiñas en Ponteceso (A Coruña). Os traballos foron encargados polo concello de Ponteceso.

Os obxectivos da actuación foron o deseño, fabricación e instalación de paneis interpretativos e o control da retirada da vexetación no entorno dos denominados Petróglifo 1 de O Meixoeiro e petróglifos de O Castro e As Regadiñas.

Panel informativo no petróglifo de O Castro

Panel informativo no petróglifo de O Castro

As tarefas foron comúns a todos os bens. As actuacións realizáronse baixo dirección e control arqueolóxico segundo establece a normativa:

• Control arqueolóxico da limpeza da vexetación nunha franxa duns 10 m en torno ao perímetro das rochas. A labor de limpeza de vexetación levouse a cabo por persoal e medios aportados polo Concello de Ponteceso, así como polos responsables do proxecto. O motivo fundamental foi o de previr un posible dano sobre os afloramentos rochosos e os gravados, no caso dun lume forestal, así como o de acondicionar a contorna e acceso aos bens.
• Deseño, fabricación e instalación de paneis interpretativos.

Panel informativo no petróglifo de As Regadiñas

Panel informativo no petróglifo de As Regadiñas

Publicado en Arqueoloxía, Blogue, Enxeñería cultural, Historia, Patrimonio.