fachada_historia-large

Lei 5/2016, de 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia

O pasado 16 de agosto de 2016 entrou en vigor a nova Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A presente normativa substitúe á Lei 8/95, define novos tipos patrimoniais e delega novas atribuciones nos concellos.
Segundo os seus redactores, esta lei permite unha simplificación sobre a materia que regula, desde o punto de vista lexislativo -coa derrogación doutros tres textos do mesmo rango-, administrativo -coa intención de reducir prazos e trámites- e da clasificación dos bens -rebaixando as tres categorías preexistentes a dúas, entre outros aspectos-.
Consolídase o réxime e niveis de protección previstos na Lei 8/95, introducindo medidas tendentes á súa mellora tanto, no nivel da regulación internacional, como no nivel da organización administrativa, na procura dunha simplificación.

A Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia define novos tipos patrimoniais e delega atribucións nos concellos

A Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia define novos tipos patrimoniais e delega atribucións nos concellos


Derrógase e refúndese o disposto na Lei 8/1995, de Patrimonio Cultural de Galicia, a Lei 3/1996, de Protección dos Camiños de Santiago e a Lei 12/1991, de traballos de dotación artística nas obras públicas e nos Camiños de Santiago de Galicia.
A norma reduce a dúas as categorías de bens do patrimonio cultural de Galicia como bens de Interese Cultural (BICs) e bens catalogados.
Unha das principais novidades da lei vén dada pola habilitación legal para que os concellos poidan autorizar intervencións en determinados bens catalogados do patrimonio.
A norma inclúe dúas novidades significativas respecto da anterior: a regulación nun título específico do patrimonio inmaterial, cun tratamento diferenciado para o idioma galego e a toponimia, así coma a inclusión de novas perspectivas de valoración e protección de patrimonios que no intre da redacción da lei do 1995 non estaban desenvolvidas nin reguladas en extenso no campo internacional, tales como o patrimonio subacuático, o industrial, o científico e o técnico.

A lei pódese consultar na páxina da Xunta de Galicia.

Mario César Vila, Santiago de Compostela (A Coruña), 15-IX-2016.

Publicado en Arqueoloxía, Blogue, Enxeñería cultural, Historia, Patrimonio.