OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Escavacións e sondaxes arqueolóxicas: introdución

A escavación arqueolóxica consiste na retirada de sedimentos do subsolo (terrestre ou subacuático), realizada coa finalidade de descubrir restos históricos, prehistóricos ou paleontolóxicos e os contextos con eles relacionados. As sondaxes arqueolóxicas definen aquelas actuacións realizadas sobre determinadas zonas acoutadas dun terreo (de xeito manual ou con medios mecánicos), coa finalidade de contrastar a existencia dun xacemento arqueolóxico, delimitar a súa área de extensión e coñecer a súa estratigrafía.

DSC_2777

A escavación arqueolóxica: programación, desenvolvemento e certificación

Esta constitúe a principal fonte de información que proporciona a escavación arqueolóxica, baseándose no estudo dos estratos, das súas relacións e dos materiais que neles se localizan.

As unidades estratigráficas son definidas coma o elemento de estratificación básico, correspondente a unha evidencia de modificación do terreo e que reflicte unha actividade determinada. Clasifícanse en depósitos (sedimentos), interfacies (cortes) e estruturas (construcións).

Dende horizontenorte presentamos unha serie de servizos encamiñados á obtención de información e a preceptiva autorización administrativa, relacionados con proxectos de rehabilitación en cascos históricos e zonas con cautelas, en espazos rurais, así como con proxectos construtivos e de obra civil.

O coñecemento acerca deste tipo de intervencións, permítenos certificar que só coa programación e valoración axeitadas, poderanse acadar os obxectivos propostos en prazos establecidos.

Posted in Arqueoloxía, Blogue, Enxeñería cultural, Historia, Patrimonio.