Comprácenos comunicar aos nosos clientes e proveedores da obtención do Certificado de Rexistro de Empresa, co nº ER-0670/2017, como recoñecemento e evidencia da conformidade do noso sistema de xestión coa norma ISO 9001:2015, emitido por AENOR.
Esta certificación redunda en beneficio da calidade da nosa empresa e en consecuencia na mellora dos servizos cara aos nosos clientes, constituíndo unha ferramenta eficaz de cara a conquerir obxectivos.
A ISO 9001 é a norma sobre xestión da calidade con maior recoñecemento en todo o mundo. Pertence á familia ISO 9000 de normas de sistemas de xestión da calidade (xunto con ISO 9004) e axuda ás organizacións a cumprir coas expectativas e necesidades dos seus clientes, entre outros beneficios.
Un sistema de xestión ISO 9001 permite xestionar e controlar de xeito continuo a calidade en todos os procesos e proxectos. Como norma de xestión da calidade de maior recoñecemento no mundo, así como o standard de referencia, describe como acadar un desempeño e servizo consistentes.
A nova versión da norma ISO 9001:2015, a norma máis recoñecida e establecida a nivel mundial de xestión da calidade, foi publicada o pasado 15 de setembro de 2015. Esta é a primeira revisión importante da norma desde o ano 2000 e foi desenvolvida baseándose nos retos empresariais aos que se enfrontan as empresas de calquera tamaño e sector hoxe en día.
Entre outros beneficios, a norma convértenos nun competidor máis consistente no mercado, mellora a Xestión da Calidade axudando a satisfacer as necesidades dos nosos clientes, facilita métodos máis eficaces de traballo que aforran tempo, diñeiro e recursos, mellora o desempeño operativo o cal reduce erros e optimiza os resultados e motiva e aumenta o nivel de compromiso dos equipos e persoal vinculados aos nosos proxectos a través de procesos internos máis eficientes.