Logos_Cámara_3

Desenvolvemento tecnolóxico e innovación

Mario César Vila foi beneficiario do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional cuxo obxectivo é potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación e grazas ao que puido incorporar a innovación nos seus procesos mediante a implantación dun Sistema de Xestión da Calidade que lle permite mellorar a súa competitividad. Esta acción ha ter lugar durante 2017. Para iso contou co apoio do programa InnoCámaras da Cámara Santiago de Compostela.

Un xeito de facer Europa

Mario_César_Vila_laxes_Rianxo

Declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) da Laxe megalítica dos Campiños e o Merlón con escudo dos Soutomaior do Castelo da Lúa de Rianxo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a inscrición no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia a Estela-menhir decorada da necrópole megalítica dos Campiños e o merlón con escudo dos Soutomaior procedente da fortaleza de Torre de Rianxo, coñecida popularmente coma Castelo da Lúa.

Merlón e estela-menhir no Auditorio de Rianxo

Merlón e estela-menhir no Auditorio de Rianxo

Dita nova resulta motivo de celebración polo recoñecemento destes importantes bens do patrimonio cultural galego e énchenos de orgullo, na medida de ter aportado o noso gran de area na encomenda da dirección e coordinación do proxecto de traslado, limpeza e musealización, das pezas arqueolóxicas líticas no Auditorio Municipal do Concello de Rianxo, realizado en decembro do pasado ano.
Sigue lendo

Mario_César_Vila_desbroce_1

Arqueoloxía versus lumes forestais

En horizontenorte coidamos que o mellor xeito de remitir un problema é coñecendo as súas causas de orixe. Neste senso, tanto por cuestións sociais e de ética, como por motivos intrínsecos aos estudios medioambientais, nos que a arqueoloxía puntualmente se insire, levamos estudando e analizando as diversas afeccións que os lumes forestais provocan sobre o medio natural e humano e por ende, aos bens culturais de diferente tipoloxía e adscrición cultural.
Unha das nosas liñas de actuación céntrase na avaliación das afeccións producidas polo lume forestal e as labores de extinción asociadas, así como a de establecer unha serie de medias correctoras que permitan a protección e na medida do posible, a recuperación dos bens. Estes traballos lévanse centrado tamén na revisión das zonas calcinadas, accesibles tras os lumes, na procura de elementos do patrimonio cultural ou arqueolóxicos inéditos.
A experiencia parte do desenvolvemento de tarefas de extinción e de coordinación da xestión de lumes no Servizo de Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia na brigada helitransportada de Castromaior (Abegondo, A Coruña), no deseño e presentación ante a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia de propostas para a avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos incendios forestais dende hai máis dunha década ou na dirección e participación en proxectos de avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos lumes forestais en diferentes concellos.

O control da vexetación e accesos ao patrimonio cultural, coma medida preventiva á acción dos lumes forestais

O control da vexetación e accesos ao patrimonio cultural, coma medida preventiva á acción dos lumes forestais

Sigue lendo

Horizontenorte_Fotogrametría_Mario_César_Vila

Fotogrametría aplicada ao rexistro arqueolóxico

O avance nas técnicas 3D experimentado nos últimos anos, propiciou substanciais avances nas técnicas do rexistro arqueolóxico. Entre estas ferramentas destaca a irrupción e rápida consolidación da fotogrametría. Esta metodoloxía permite mediante a toma de fotografías de materiais, estruturas ou superficies, obter forma e dimensións a través dunha proxección realista das mesmas.
A fotogrametría baséase na toma de fotografías desde diferentes puntos de vista, que permita obter a reprodución da realidade fotografa en tres dimensións. Esta técnica se complementa con ferramentas topográficas que permiten o posicionamento preciso dos elementos obxecto de rexistro.

O rexistro fotogramétrico complementado con ferramentas topográficas

O rexistro fotogramétrico complementado con ferramentas topográficas

Sigue lendo

Horizontenorte_cerámica_2

Cerámica en arqueoloxía: produción e tipoloxía

A cerámica representa unha das manifestacións máis importantes dentro da historia da humanidade no que atinxe á súa historia material. En arqueoloxía constitúe a evidencia física máis numerosa con avantaxada diferenza respecto ao resto dos vestixios non perecedoiros que se rexistran nas escavacións.

Mediante o emprego do método tipolóxico-comparativo pódese acceder ao contexto produtivo no que foi fabricado un material, así como á súa cronoloxía ou fase histórica. No estudo e clasificación dos materiais cerámicos, trátase do procedemento básico que procura de xeito sistemático, as similitudes tipolóxicas e formais entre unhas e outras pezas, permitindo a adscrición a horizontes cronoculturais definidos. A tipoloxía baséase nun sistema de clasificación fundamentado nos atributos, tales como a forma, a decoración, a manufactura ou a funcionalidade. Unha vez que as pezas son clasificadas mediante tipos, pódese analizar a súa distribución temporal e espacial, procedencia e evolución, permitindo determinar que tipos están relacionados, tanto en contextos próximos coma afastados.

Representación técnica dos materiais cerámicos

Representación técnica dos materiais cerámicos

Sigue lendo

Prospección_Horizontenorte

A prospección arqueolóxica: Fase previa e obtención de autorización

Resulta de obrigado cumprimento a obtención da autorización por parte da administración con competencias en materia patrimonial, previamente á execución de proxectos arqueolóxicas.

De cara á súa obtención, é necesaria a redacción dun proxecto arqueolóxico que deberá contar cunha carta de encargo do proxecto (asinada polo promotor) e solicitudes de permiso para a consulta do inventario e de realización do proxecto, asinadas polo arqueólogo director do mesmo.

DSC_2777

A cartografía histórica deberá ser estudada dende fase previa á realización da prospección arqueolóxica

Sigue lendo

Mario_César_Vila_aula_infantil_02

Presentación da cidade medieval de Santiago de Compostela para alumnado de infantil e primaria

O pasado mes de marzo tivemos o pracer de realizar unha presentación acerca da cidade medieval de Santiago para alumnos de infantil de 5 anos e de 1º de primaria do CEIP Lamas de Abade de Santiago de Compostela, acerca da cidade medieval de Santiago.

As aulas inseríronse dentro dunha serie de actividades relacionadas co mundo medieval en xeral e coa cidade de Santiago en particular, que culminará coa recreación dun mercado e cidade medieval no centro escolar nos días 4 e 5 do mes de maio.

DSC_2777

A adaptación dos contidos históricos relacionados con contextos xeográficos próximos nas idades infantís, coma base para a motivación acerca do pasado

Se ben temos ofrecido presentacións sobre as orixes do núcleo galaico-romano de Aseconia, da inventio do sepulcro do apóstolo Santiago, das fases de construción das basílicas e catedral, do nacemento, desenvolvemento e configuración da cidade medieval e da relación desta co castelo da Rocha Forte, o certo é que nesta ocasión tratouse dun reto ao ter que adaptar ditos contidos ao público infantil.

Sigue lendo

Mario_César_Vila_merlón

Recuperación e posta en valor de bens culturais

Actualmente a sociedade demanda cada vez máis, un uso e aproveitamento desde o punto de vista turístico e cultural do patrimonio histórico. Dentro desta demanda, horizontenorte presenta propostas variables de recuperación e posta en valor, adaptadas ás necesidades do ben, coma aos recursos existentes, aplicando criterios de sostebilidade e de respecto desde o punto de vista patrimonial, cultural e paisaxístico. Estas actuacións poden tratarse de sinxelas intervencións baseadas na limpeza e sinalización de recursos turísticos, na creación de roteiros, no deseño de paneis explicativos, así coma naquelas intervencións sobre bens e conxuntos patrimoniais, en proxectos de maior envergadura, cuxa recuperación requira da participación e coordinación de equipos multidisciplinares relacionados coa arquitectura, a restauración, a arqueoloxía, o deseño, a historia, a informática, a topografía, etc.

Sigue lendo

Mario_César_Vila_tese_tribunal

Terra sigillata e contextos arqueolóxicos na Galicia suroccidental: intervencións nos xacementos de Bueu e Vigo (Pontevedra)

Baixo este título defendemos hai xa un ano a nosa tese doutoral na Universidade de Santiago de Compostela, dirixida polo profesor Xosé Manuel Caamaño Xesto, ante o tribunal formado por Carlos Fernández Rodríguez (profesor titular da Universidade de León), Enrique Alcorta Irastorza (arqueólogo responsable do Museo Provincial de Lugo), María Catalina López Pérez (profesora especialista en cerámicas finas romanas), Raquel Casal García (profesora titular xubilada da Universidade de Santiago de Compostela) e Fernando Acuña Castroviejo (catedrádico de arqueloxía da Universidade de Santiago de Compostela), como presidente, quen nos deixou en setembro do ano pasado e a quen recordamos con especial respecto e afecto.

Sigue lendo