Mario_César_Vila_El_Correo_Gallego_01

Nova intervención nos restos e entorno do Castelo da Lúa

El Correo Gallego, Suso Xouto (Rianxo), 05/11/2017 .

O Concello de Rianxo logrou o respaldo económico necesario para levar a cabo unha nova intervención arqueológica nos restos e na contorna do emblemático Castelo dá Lúa. E é que a subvención de 200.000 euros tramitada por Deloa e procedente dos fondos Feder permitirá executar a totalidade do proxecto elaborado por un equipo multidisciplinar formado por Mario César Vila (arqueólogo, técnico en Patrimonio Cultural e director do proxecto); Gonzalo Buceta Bruneti (conservador e restaurador); Laura García Couto (conservadora e restauradora); e Marcial Rodríguez (arquitecto). As obras foron adxudicadas á empresa Naturgalia, de Caldas, e darán comezo mañá.

Será a terceira intervención neste yacimiento, despois de que as obras de construción do paseo marítimo deixasen ao descuberto en 1999 os restos arquitectónicos correspondentes á fortaleza bajomedieval que mandou levantar Paio Gómez Chariño, sendo primeiro Señor de Rianxo, na segunda metade do século XIII.

El Correo Gallego (05-11-2017)

El Correo Gallego (05/11/2017)

Logos_Cámara_3

Desenvolvemento tecnolóxico e innovación

Mario César Vila foi beneficiario do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional cuxo obxectivo é potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación e grazas ao que puido incorporar a innovación nos seus procesos mediante a implantación dun Sistema de Xestión da Calidade que lle permite mellorar a súa competitividad. Esta acción ha ter lugar durante 2017. Para iso contou co apoio do programa InnoCámaras da Cámara Santiago de Compostela.

Un xeito de facer Europa

Mario_César_Vila_laxes_Rianxo

Declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) da Laxe megalítica dos Campiños e o Merlón con escudo dos Soutomaior do Castelo da Lúa de Rianxo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a inscrición no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia a Estela-menhir decorada da necrópole megalítica dos Campiños e o merlón con escudo dos Soutomaior procedente da fortaleza de Torre de Rianxo, coñecida popularmente coma Castelo da Lúa.

Merlón e estela-menhir no Auditorio de Rianxo

Merlón e estela-menhir no Auditorio de Rianxo

Dita nova resulta motivo de celebración polo recoñecemento destes importantes bens do patrimonio cultural galego e énchenos de orgullo, na medida de ter aportado o noso gran de area na encomenda da dirección e coordinación do proxecto de traslado, limpeza e musealización, das pezas arqueolóxicas líticas no Auditorio Municipal do Concello de Rianxo, realizado en decembro do pasado ano.
Continue reading

Mario_César_Vila_desbroce_1

Arqueoloxía versus lumes forestais

En horizontenorte coidamos que o mellor xeito de remitir un problema é coñecendo as súas causas de orixe. Neste senso, tanto por cuestións sociais e de ética, como por motivos intrínsecos aos estudios medioambientais, nos que a arqueoloxía puntualmente se insire, levamos estudando e analizando as diversas afeccións que os lumes forestais provocan sobre o medio natural e humano e por ende, aos bens culturais de diferente tipoloxía e adscrición cultural.
Unha das nosas liñas de actuación céntrase na avaliación das afeccións producidas polo lume forestal e as labores de extinción asociadas, así como a de establecer unha serie de medias correctoras que permitan a protección e na medida do posible, a recuperación dos bens. Estes traballos lévanse centrado tamén na revisión das zonas calcinadas, accesibles tras os lumes, na procura de elementos do patrimonio cultural ou arqueolóxicos inéditos.
A experiencia parte do desenvolvemento de tarefas de extinción e de coordinación da xestión de lumes no Servizo de Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia na brigada helitransportada de Castromaior (Abegondo, A Coruña), no deseño e presentación ante a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia de propostas para a avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos incendios forestais dende hai máis dunha década ou na dirección e participación en proxectos de avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos lumes forestais en diferentes concellos.

O control da vexetación e accesos ao patrimonio cultural, coma medida preventiva á acción dos lumes forestais

O control da vexetación e accesos ao patrimonio cultural, coma medida preventiva á acción dos lumes forestais

Continue reading

Horizontenorte_Fotogrametría_Mario_César_Vila

Fotogrametría aplicada ao rexistro arqueolóxico

O avance nas técnicas 3D experimentado nos últimos anos, propiciou substanciais avances nas técnicas do rexistro arqueolóxico. Entre estas ferramentas destaca a irrupción e rápida consolidación da fotogrametría. Esta metodoloxía permite mediante a toma de fotografías de materiais, estruturas ou superficies, obter forma e dimensións a través dunha proxección realista das mesmas.
A fotogrametría baséase na toma de fotografías desde diferentes puntos de vista, que permita obter a reprodución da realidade fotografa en tres dimensións. Esta técnica se complementa con ferramentas topográficas que permiten o posicionamento preciso dos elementos obxecto de rexistro.

O rexistro fotogramétrico complementado con ferramentas topográficas

O rexistro fotogramétrico complementado con ferramentas topográficas

Continue reading

Horizontenorte_cerámica_2

Cerámica en arqueoloxía: produción e tipoloxía

A cerámica representa unha das manifestacións máis importantes dentro da historia da humanidade no que atinxe á súa historia material. En arqueoloxía constitúe a evidencia física máis numerosa con avantaxada diferenza respecto ao resto dos vestixios non perecedoiros que se rexistran nas escavacións.

Mediante o emprego do método tipolóxico-comparativo pódese acceder ao contexto produtivo no que foi fabricado un material, así como á súa cronoloxía ou fase histórica. No estudo e clasificación dos materiais cerámicos, trátase do procedemento básico que procura de xeito sistemático, as similitudes tipolóxicas e formais entre unhas e outras pezas, permitindo a adscrición a horizontes cronoculturais definidos. A tipoloxía baséase nun sistema de clasificación fundamentado nos atributos, tales como a forma, a decoración, a manufactura ou a funcionalidade. Unha vez que as pezas son clasificadas mediante tipos, pódese analizar a súa distribución temporal e espacial, procedencia e evolución, permitindo determinar que tipos están relacionados, tanto en contextos próximos coma afastados.

Representación técnica dos materiais cerámicos

Representación técnica dos materiais cerámicos

Continue reading

Prospección_Horizontenorte

A prospección arqueolóxica: Fase previa e obtención de autorización

Resulta de obrigado cumprimento a obtención da autorización por parte da administración con competencias en materia patrimonial, previamente á execución de proxectos arqueolóxicas.

De cara á súa obtención, é necesaria a redacción dun proxecto arqueolóxico que deberá contar cunha carta de encargo do proxecto (asinada polo promotor) e solicitudes de permiso para a consulta do inventario e de realización do proxecto, asinadas polo arqueólogo director do mesmo.

DSC_2777

A cartografía histórica deberá ser estudada dende fase previa á realización da prospección arqueolóxica

Continue reading

Mario_César_Vila_aula_infantil_02

Presentación da cidade medieval de Santiago de Compostela para alumnado de infantil e primaria

O pasado mes de marzo tivemos o pracer de realizar unha presentación acerca da cidade medieval de Santiago para alumnos de infantil de 5 anos e de 1º de primaria do CEIP Lamas de Abade de Santiago de Compostela, acerca da cidade medieval de Santiago.

As aulas inseríronse dentro dunha serie de actividades relacionadas co mundo medieval en xeral e coa cidade de Santiago en particular, que culminará coa recreación dun mercado e cidade medieval no centro escolar nos días 4 e 5 do mes de maio.

DSC_2777

A adaptación dos contidos históricos relacionados con contextos xeográficos próximos nas idades infantís, coma base para a motivación acerca do pasado

Se ben temos ofrecido presentacións sobre as orixes do núcleo galaico-romano de Aseconia, da inventio do sepulcro do apóstolo Santiago, das fases de construción das basílicas e catedral, do nacemento, desenvolvemento e configuración da cidade medieval e da relación desta co castelo da Rocha Forte, o certo é que nesta ocasión tratouse dun reto ao ter que adaptar ditos contidos ao público infantil.

Continue reading

Mario_César_Vila_merlón

Recuperación e posta en valor de bens culturais

Actualmente a sociedade demanda cada vez máis, un uso e aproveitamento desde o punto de vista turístico e cultural do patrimonio histórico. Dentro desta demanda, horizontenorte presenta propostas variables de recuperación e posta en valor, adaptadas ás necesidades do ben, coma aos recursos existentes, aplicando criterios de sostebilidade e de respecto desde o punto de vista patrimonial, cultural e paisaxístico. Estas actuacións poden tratarse de sinxelas intervencións baseadas na limpeza e sinalización de recursos turísticos, na creación de roteiros, no deseño de paneis explicativos, así coma naquelas intervencións sobre bens e conxuntos patrimoniais, en proxectos de maior envergadura, cuxa recuperación requira da participación e coordinación de equipos multidisciplinares relacionados coa arquitectura, a restauración, a arqueoloxía, o deseño, a historia, a informática, a topografía, etc.

Continue reading