Petróglifo 1 de A Estada (Pontevedra)

A prospección arqueolóxica: introdución

Monte Pilotiño (Rianxo)

A prospección arqueolóxica como procura de información en campo

A prospección arqueolóxica engloba unha serie de traballos de gabinete e de campo, encamiñados á localización de xacementos arqueolóxicos, bens e datos culturais ou coñecementos históricos acerca de feitos acontecidos nunha determinada zona. A prospección trátase dunha procura de xeito metódico mediante o uso de información procedente de diferentes fontes. A prospección de carácter superficial encamíñase cara o rexistro, parcial ou completo, dos xacementos dunha área xeográfica delimitada, dos cales existen restos visibles ou indicios da súa existencia no pasado ou actualmente, sen a realización de escavacións ou movementos de terras.

A prospección resulta o procedemento básico de cara á localización de xacementos arqueolóxicos e bens culturais, encamiñada á realización de inventarios para as administracións públicas, planeamentos municipais, valoración de impactos sobre o patrimonio cultural de proxectos de diversa índole ou a delimitación do alcance de posibles alteracións sobre bens (lumes forestais, axentes naturais, accidentes, obras non controladas, etc).

Como paso previo á realización da prospección en campo, resulta fundamental coñecer a documentación e información dispoñible da zona a prospectar na que se vaia a desenvolver o proxecto, ben sexa unha pequena parcela, un trazado lineal, un concello ou amplos territorios.

Dende horizontenorte destacamos a importancia dun traballo axeitado e profesional de prospección previo, coa fin de evitar imprevistos unha vez se inicie a execución dun proxecto ou se poña en vigor un plan de ordenación, por citar algún exemplo.

Posted in Arqueoloxía, Blogue, Enxeñería cultural, Historia, Patrimonio.